FOTOCOMIC NOSFERATU Nosferatu, eine Symphonie des Grauens , ou simplemente Nosferatu é un filme clásico do expresionismo alemán dirixido por F. W. Murnau e protagonizado por Max Schreck como o vampiro Conde Orlok . O filme, rodado en 1921 e estreado en 1922 , foi unha adaptación non autorizada do Drácula de Bram Stoker , cos nomes e outros detalles cambiados porque o estudio non puido obter os dereitos da novela (o termo "vampiro" trocouse por "nosferatu" e " Conde Drácula " por "Conde Orlok" FOTOCOMIC INSPIRADO:
VIDEOCRITICA DONNIE DARKO Donnie Darko é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Richard Kelly que foi estreado en 2001. Está protagonizado por Jake Gyllenhaal, Jena Malone, Drew Barrymore, Mary McDonnell, Katharine Ross, Patrick Swayze, Noah Wyle e Maggie Gyllenhaal. O filme conta as aventuras da personaxe do título e a busca do significado das súas visións. Rodado durante 28 días (que cadran co tempo no que se desenvolve a historia no filme) o filme foi estreado na súa maioría directamente a vídeo. Donnie Darko foi estreado no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2001, antes dunha estrea reducida nos cines o 26 de outubro de 2001 por Flower Films. Por mor de que o filme amosa un accidente de avión e os atentados do 11 de setembro de 2001 sucederon un mes antes, o filme apenas foi publicitado. O filme recadou $7,5 milló...
HAMBURGUESA VEGANA PARA ANUNCIO DE REVISTA Para este traballo creamos unha hamburguesa nós sos na casa. A cociña non é un dos meus fortes e queimaronseme un pouco pero quedei bastante contenta co resultado. En canto ao deseño, esta é unha hamburguesa de calidade premium para un publico adulto por eso decidin non añadirlle moita cor nin moitos detalles deixandoo simple a prósito. Bocetos non usados: Fotos non usadas: Deseño do logotipo: O nome ven de NAT (natural) FOOD (comida). O obxetivo da "empresa" ou restaurante con este nome e de crear pratos de comida vexetariana e incluso vegana. Fotografía da hamburguesa (sen filtros nin edicions): Boceto final: O nome da hamburguesa sería EVNA de "everything natural" e sería un dos seus primeiros pratos que a partir dese iran incorporando máis extras.
Comentarios
Publicar un comentario